Évame
Oroza
A asociación Évame Oroza ten como misión custodiar e promover o coñecemento e difusión do legado literario de Carlos Oroza (Viveiro, 1923-Vigo, 2015) afianzando a ponte bicultural que, co legado do poeta, une a creación literaria en castelán e en galego. Pretende tamén actuar como catalizador e albergue das inquietudes culturais das novas xeracións tanto no ámbito da narrativa como no da poesía.
No seu recentemente estreado local social, no emblematico edificio, da Casa dá Collona, a Asociación *Évame-Oroza tamén abre as súas portas á á investigación da escritura, á documentación cultural e declara a súa intención de fomentar a interacción coas artes, tanto en soportes tradicionais como tecnolóxicos, e as artes visuais.
Actividades
Actividade
GALA Premio Internacional de Poesía Carlos Oroza. Presentacion do libro OROZA 100
Lugar
Sede Afundación
Policarpo Sanz, 24 - 26 , 36202 Vigo
Data
venres, 17 de noviembre
Horario:
20.00 horas
GALA Premio Internacional de Poesía Carlos Oroza. Presentacion do libro OROZA 100

A asociación Évame Oroza centrou gran parte dos esforzos deste primeiro ano de vida na convocatoria do Premio Internacional de Poesía Carlos Oroza, que conta cunha modalidade en castelán e outra en galego, así como no Recoñecemento ao mellor proxecto musical de divulgación da poesía, que este ano recae na figura do cantautor Amancio Prada.
Para a entrega destes premio organizouse unha gala que terá lugar o 17 de novembro no auditorio da Sede Afundación en Vigo.
Durante a gala, aberta ao público, aproveitarase tamén para presentar o libro homenaxe Oroza 100, no que se poden atopar máis de cen participacións de persoas chegadas de diversas disciplinas artísticas e do círculo persoal do poeta para homenaxealo no seu centenario.
Contaremos con varias intervencións moi especiais. Marina Oroza, poeta,actriz e performer, abrirá o espazo dedicado á presentación do libro Oroza 100, acompañada do escritor Alberto Avendaño.
Estarán presentes tamén os presidentes do xurado dos premios literarios. Antonio García Teijeiro, escritor e presidente do xurado da modalidade de galego e Ignacio Gómez de Liaño, escritor e presidente da modalidade en castelán.
Tamén contaremos coa presenza de Amancio Prada, que recibira o recoñecemento da asociación ao seu labor de divulgación da poesía a través da súa carreira á música. El e Uxía Senlle, acompañada do guitarrista Segio Tanus, poñerán a nota musical da noite.
Actividade
Presentación libro
Lugar
Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo
Data
xoves, 16 de novembro
Horario:
20.00 horas
Presentación de "Decir" de MARINA OROZA

A poeta, actriz e performer Marina Oroza visitará Vigo para presentar o seu último poemario, titulado "Decir", editado recentemente por Árdora Ediciones.
Decir é o fiel testimonio da procura da figura de seu pai, o poeta Carlos Oroza, a quen coñeceu cando xa ela tiña iniciado a súa propia carreira como escritora e actriz. Decir é, en palabras da editorial, un relato “desgarrado, espido, veraz, dito nunha lingua poética de voltaxe especialmente intenso”.
Decir é o quinto poemario que asina Marina, despois de "Pulso de vientos" (1997), "Así quiero morir un día" (2005), "La chimenea de Duchamp" (2013), "Esto es real" (2016), "Nuevo orden de las cosas" (2021). Parte da súa escrita foi incluída en antoloxías nacionais e internacionais. Participou en eventos e festivais en España, Portugal, Irlanda e Nova York e habitualmente colabora con diversos artistas visuais e músicos.
Durante a súa visita a Vigo participará tamén na presentación do libro homenaxe Oroza 100, onde colabora cun texto fundamental no libro que reúne colaboracións de máis de cen persoas dedicadas á arte e á escrita como homenaxe a Carlos Oroza.
Actividade
Exposición
Lugar
Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo
Data
Desde o venres 10 de novembro
Horario:
Inauguración as 20.00 horas. Horario de 17 a 20.00 horas
Exposición “En los límites de la lucidez” do artista YURIHITO OTSUKI

Desde o venres, 10 de novembro, a partir das 20,00 horas, a asociación Évame Oroza acolle a exposición “En los límites de la lucidez”, do pintor xaponés Yurihito Otsuki.
Comisariada por Tomás Paredes, Presidente da Asociación Española e Internacional de Críticos de Arte, a mostra de Yurihito Otsuki, é a dun admirador de Oroza quen tras coñecelo en Madrid namorouse dos versos do poeta natural de Viveiro. Seu é o libro de artista en xaponés e español que contén os versos orixinais de "América" e "Juventud" de Oroza, e a tradución destes versos ao xaponés.
Yurihito Otsuki realizou máis de 30 exposicións individuais en Galerías, Institucións e Museos Internacionais, e participou en importantes colectivas xunto ás obras dos grandes mestres do século XX. Tamén en feiras e eventos internacionais como; Tokyo Art Expo, NICAF (Xapón), ARCO, Tentacións (Edición Madrid), poxas benéficas Sotheby's de España, entre outras.
Actividade
Fallo do xurado da 1ª edición do Premio Internacional de Poesía Carlos Oroza
Lugar
Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo
Data
martes, 7 de novembro
Horario:
11.15 horas
Fallados os premios da primeira edición do PREMIO INTERNACIONAL DE POESÍA CARLOS OROZA

O 7 de novembro deuse a coñecer en rolda de prensa o fallo do xurado da primeira edición do Premio Internacional de Poesía Carlos Oroza, nas modalidades de galego e castelán. A rolda de prensa celebrouse o martes ás 11:15 horas no local da asociación *Évame Oroza e na mesma participaron a delegada da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz; a vicepresidente primeira da Deputación Provincial de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias; o presidente da asociación Évame Oroza, Xabier Romero; o presidente do xurado da modalidade de galego, Antonio García Teijeiro e a integrante do xurado de castelán Patricia Meira.
A obra “Carbono 14”, de Roberto Morales Miranda - que firma as súas obras como Morales Monterríos - foi elixida como gañadora do Premio Carlos Oroza na modalidade de castelán. O xurado destaca na acta de concesión do premio “o coidadoso traballo coa linguaxe nunha obra que explora o poético desde o razoamento lóxico sen deixar de atender ao lirismo e á procura da beleza. É, en definitiva, un poemario que na súa sutileza mestra esconde un manual para entender o mundo no que fisicamente vivimos”.
O xurado da modalidade galego estivo composto pola escritora An Alfaia, a poeta María Landesa e o crítico Ramón Rozas, actuando como presidente o tamén escritor Antonio García Teijeiro. Finalmente, tras unha votación que rematou nun veredicto outorgado por maioría, resultou gañador o libro Herbario da noite pecha, de Lupe Gómez.
» Ver máis
Actividade
conferencia
Lugar
Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo
Data
venres, 27 de outubro
Horario:
19.00 horas
O ciclo POETAS REFERENTES chega ao seu fin cunha charla sobre UXÍO NOVONEYRA

O día 27, terá lugar a última das charlas de Poetas Referentes. Nesta ocasión a poeta Branca Novoneyra fará un percorrido cronolóxico pola vida e obra do escritor Uxío Novoneyra, prestando especial atención aos anos 60 e 70 nos que a relación entre o poeta do Courel e Carlos Oroza foi máis estreita, chegando a converterse nunha amizade e convivencia que acabou callando na escrita de ambos. Eses puntos de contacto serán tamén obxecto de reflexión na conferencia de Branca, que ilustrará o faladoiro con fotografías do arquivo da Fundación Uxío Novoneyra, da que ela mesma forma parte, como reflexo deses anos de contacto entre ambos os dous poetas, primeiro en Madrid e despois no Courel.
Coa conferencia de Branca sobre Uxío Novoneyra péchase o ciclo Poetas Referentes que, ao longo deste mes, se centrou nas poéticas e biografías de diversos autores fundamentais na biblioteca de Oroza. A asociación Évame Oroza destaca a boa acollida que as conferencias tiveron entre o público e o interese co que foron recibidas e continúa a traballar en propostas semellantes que contribúan á dinamización cultural da cidade, atendendo non só á literatura senón tamén a outras artes.
Actividade
presentación libro
Lugar
Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo
Data
mércores, 25 de outubro
Horario:
20.00 horas
Presentación do libro «UN CURSO CON CARLOS OROZA» de Fernando Fernández Domonte

O mércores 25 de outubro presentarase no local da Asociación Cultural Évame Oroza o libro «Un curso con Carlos Oroza» do escritor e xornalista Fernando Fernández Domonte. No acto de presentación, participarán, ademais do autor, o responsable da Editorial Elvira, Xabier Romero, e ambos farannos pasar un bo rato recordando anécdotas vividas xunto ao xenial poeta Carlos Oroza.
Durante os anos da súa vida bohemia en Madrid, o gran poeta oral Carlos Oroza (Viveiro, 1923–Vigo, 2015) compartiu piso por uns meses con Fernando A. Fernández Domonte, quen neses momentos era un estudante de xornalismo. Neste libro, Domonte, a través de dez divertidos e reveladores relatos, consegue achegarnos ao particular xeito que o poeta tiña de encarar a vida; ao seu proverbial carácter rebelde e contraditorio, desapego polas cousas materiais e provocativo sentido do humor.
O aspecto máis humano de Carlos Oroza, por veces soberbio, por veces humilde e desvalido, sempre hipercrítico e descoidado, preguiceiro no día a día, pero temperamental e preocupado cando se trataba de subirse a un escenario, queda reflectido nestas páxinas, nas que tamén se descobren algunhas das lideiras máis íntimas e cotiás do poeta.
Actividade
conferencia
Lugar
Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo
Data
venres, 20 de outubro
Horario:
19.00 horas
POETAS REFERENTES: ROSALÍA DE CASTRO por Anxo Angueira

Rosalía de Castro será a protagonista da terceira charla do ciclo de conferencias `Poetas Referentes ́, que se está a celebrar ao longo do mes de outubro
na asociación Évame Oroza. Nesta oportunidade o conferenciante será Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro e unha voz tremendamente cualificada para falar sobre a insigne poeta e escritora, inspiración de xeracións de galegas e galegos.
Anxo Angueira, escritor e poeta clave nas últimas décadas da literatura galega, é un estudoso da obra e vida de Rosalía de Castro, así como, dende o ano 2012, presidente da fundación que leva o nome da poeta. Angueira é, sen dúbida, un dos maiores coñecedores de Rosalía, pola que Oroza sentía profunda admiración, e sobre ela versará a xornada.
Actividade
recital
Lugar
Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo
Data
xoves, 19 de outubro
Horario:
19.30 horas
O FESTIVAL KEROUAC en ÉVAME: versos de Oriana Méndez e de Malvares.

O Festival Kerouac leva xa dez anos definindo e dando espazo e altofalante a unha escena poética que tradicionalmente non se deixaba ver demasiado
e que agora reivindica o seu sitio no panorama cultural.
Poesía, música, performance e accións poéticas en rúas e escenarios diversos entre os que se conta a sede de Évame Oroza que o xoves, día 19, ás 19:30 horas, acolle un dos seus recitais no que poderemos escoitar os versos de Oriana Méndez e de Malvares.
Actividade
presentación libro
Lugar
Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo
Data
mércores, 18 de outubro
Horario:
20.00 horas
PRESENTACIÓN de "PROSAS ROTAS" de Stella Marís González Balbuena

O mércores 18 de outubro celebrarase, no local da Asociación Cultural Évame Oroza, a presentación do libro «Prosas Rotas», de Stella Maris González Balbuena. No acto, que comezará ás 20:00 horas, participarán ademais da autora; o prologuista Xesús Alonso Montero, e o editor Xabier Romero.
«Prosas Rotas» é un libro no que conviven poemas con prosas poéticas que nos introducen nas carencias, os pálpitos, a tristeza e a introspección da autora a través de bágoas que arrincan de escarpadas montañas, unha pregunta e sorpresiva resposta, unha ponte que suspira mentres outro voa de desexo, unha parede desafiuzada que nos tende a man, un búcaro de rosas resecas refugadas con pesar.
Stella Maris González Balbuena (Vigo, 1951), catedrática de francés, impartiu clases no Lycée Polyvalent «Henri Avril» en Lamballe (Francia) e nos institutos Alexandre Bóveda e Rosais 2 de Vigo ata a súa prexubilación. Conta con dous poemarios editados («Pálpito Súbito», de 2014 e «Alma Acróbata», do 2018). Dende 2020 organiza recitais presenciais en Vigo, baixo o colectivo poético «Desafiando sombras».
Actividade
conferencia
Lugar
Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo
Data
venres, 13 de outubro
Horario:
19.00 horas
POETAS REFERENTES: HÖLDERLIN por Helena Cortés

O venres 13 de outubro celebrarase a segunda charla do ciclo de conferencias `Poetas Referentes´, centrado naquelas autoras e autores que influíron na vida e obra de Carlos Oroza. Nesta oportunidade teremos como protagonistas á Helena Cortés e Friedrich Hölderlin.
A partir das 19:00 horas, a profesora Helena Cortés impartirá unha conferencia arredor da obra do poeta alemán Hölderlin, achegándonos a experiencia poética hölderliniana a través dun poema que será estudado e analizado na charla. Este poema é unha das grandes elexías do autor e pertencente a súa etapa de madurez.
Helena é profesora titular de Lingua e Literatura Alemás na Universidade de Vigo, actividade que combina coa tradución e a escrita de libros. A súa labor de investigación céntrase no período clásico-romántico da literatura alemá, especialmente en Hölderlin. Trouxo ao castelán a autores como Goethe, Hölderlin, Rilke, Heidegger, os irmáns Grimm e Fontane. Así mesmo, foi directora do Instituto Cervantes en Bremen e Hamburgo, desde 2018 é membro numerario da Academia Alemá de Lingua e Literatura (Deutsche Akademie für Sprache und Dichtung), e foi galardoada coa Medalla de Oro de Goethe en 2020, e co Premio Nacional a Mellor Tradución 2021 polas súas traducións de Fausto e El Diván de Oriente y Occidente, ambos do autor J.W. von Goethe.
Actividade
recital poético multilingue
Lugar
Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo
Data
xoves, 12 de outubro
Horario:
19.30 horas
CON BARQUEIRA E REMADOR

O xoves, día 12 de outubro, teremos un gran evento literario no local. Trátase do recital poético multilingüe que forma parte do XII Obradoiro Internacional de Tradución Poética “Con barqueira e remador” coordinado por Yolanda Castaño, o cal se desenvolve nestes días na Illa de San Simón. Na presente edición deste obradoiro participan Kai Aareleid, de Tartu, Estonia; Xabier Cordal, de A Coruña; Jessica Zuan, de Engadina Alta (Suíza); Corina Oproae, de Tansilvania (Rumanía); Castillo Suárez, de Alsasua (Navarra), e Marta Eloy Cichocka, de Cracovia (Polonia). Durante o recital, cada poeta recitará os seus versos na lingua orixinal e escoitaremos as traducións ao galego. O recital dará comezo ás 19:30 h.
Actividade
obradoiro de escrita
Lugar
Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo
Data
martes, 10 de outubro ata 14 de novembro
Horario:
18.00 -20.00 horas
OS PERSONAXES COMO EIXOS DAS HISTORIAS

O martes día 10 comeza o obradoiro de escrita que impartirá Clara do Roxo no local. O obradoiro terá unha duración de 6 sesións, de 2 horas cada unha, e estenderase ata o día 14 de novembro, en horario de 18:00 a 20:00 horas.
Esta primeira clase será de proba e estades convidadas a asistir sen compromiso, pero se queredes anotarvos xa, aínda está aberto o prazo no correo
Actividade
recital
Lugar
Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo
Data
venres, 6 de outubro
Horario:
19.00 horas
POETAS REFERENTES: WALT WHITMAN

O ciclo Poetas Referentes dará comezo o vindeiro venres 6 de outubro coa conferencia dedicada ao autor estadounidense Walt Whitman que será impartida por Eduardo Moga. O ciclo Poetas Referentes dará comezo o vindeiro venres 6 de outubro coa conferencia dedicada ao autor estadounidense Walt Whitman que será impartida por Eduardo Moga. O escritor e crítico literario ten un profundo coñecemento da obra de Whitman, pois foi o encargado de traducir ao castelán os poemarios Hojas de hierba (2014) Canto de mí mismo y otros poemas (2019) e Yo soy el poema de la Tierra (2019). El mesmo é un poeta de longa traxectoria que conta con recoñecementos como o premio Adonáis de Poesía e o International latino Book Award.
Actividade
Exposición
Lugar
Recinto feiral San Froilán (xunto as casetas do polbo)
Data
A partir do 3 de outubro ata 30 de outubro.
Horario:
Inauguración: 11.30 horas
LUGO ACOLLE A EXPOSICIÓN DO CENTENARIO DE OROZA DURANTE AS FESTAS DE SAN FROILÁN

A exposición Oroza, que celebra o centenario do nacemento do poeta galego (1923-2015), fará en Lugo a sexta parada nun percorrido que comezou alá polo mes de maio en Vigo. O martes 3 de outubro (11:30 horas) inaugurarase a mostra sobre o xenial poeta oral, que estará instalada no recinto feiral de San Froilán.
Na inauguración participarán o director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; a concelleira de Cultura de Lugo, Maite Ferreira; o presidente da Asociación Évame Oroza, Xabier Romero, e a escritora Clara do Roxo. Durante o acto, un integrante da asociación lerá un texto no que se explica como xurdiu Évame Oroza e os seus obxectivos e tamén haberá unha lectura de poemas e unha visita pola mostra.
A exposición, que arrincou en Vigo, está formada por seis cubos xigantes para exterior na que, a través de imaxes e texto, se fai percorrido pola vida e obra deste poeta oral. Posteriormente recalou en Pontevedra, Viveiro, O Caurel, Ribadavia e agora Lugo. A mostra é organizada por Évame Oroza, contando co apoio económico da Xunta de Galicia e a colaboración dos diferentes concellos.
Actividade
recital
Lugar
Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo
Data
sábado 30 de setembro
Horario:
19.00 horas
UN RECITAL EN VARIAS LINGUAS CELEBRA O DÍA DA TRADUCIÓN NA ASOCIACIÓN ÉVAME OROZA

O vindeiro sábado 30 de setembro, ás 19:00 horas, o colectivo vigués Desafiando Sombras ofrecerá no local da asociación Évame Oroza un recital que xuntará voces e linguas variadas para celebrar con poesía o Día Internacional da Tradución. No evento poderanse escoitar versos en xaponés, grego, inglés, alemán, francés, italiano, portugués, castelán e galego.
Participarán na lectura Miguel Vigo, Stella Maris, Alberto Avendaño, Montse Copa, Karin Monteiro, Elisabeth Oliveira, Alicia Savaxe, Franchesca d’a Silva e Gonzalo Navaza, que presentarán unha escolma de poemas coa que queren poñer o foco no valor da pluralidade de linguas.
Desafiando Sombras é un colectivo de poetas creado coa intención de achegar a poesía a espazos e públicos diversos. Nos últimos anos veñen realizando lecturas poéticas que atenden tanto a textos propios como a clásicos chegados de diferentes sistemas literarios. Este recital en homenaxe ao Día Internacional da Tradución vai xa pola súa terceira edición presencial, posto que as primeiras citas foron online, xa que foi nas redes onde o colectivo comezou a dar os seus primeiros pasos. A día de hoxe contan cunha longa lista de eventos que os levaron por diferentes locais de Vigo e outros puntos de Galicia.
Actividade
coloquio
Lugar
Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo
Data
xoves 28 de setembro
Horario:
20.00 horas
PRESENTACIÓN DO CÓMIC “LUCIO STRADA” DE IAGO LOSADA E ALBERTO M. SOTO

O vindeiro xoves 28 de setembro, o ilustrador Iago Losada e o guionista Alberto M. Soto presentarán a súa obra Lucio Strada no local da asociación Évame Oroza. No acto, que comezará ás 20:00 horas, contarán coa presenza do editor Xabier Romero.
Lucio Strada é un cómic en 12 capítulos ambientado nunha cidade ficticia, Vilajiche, que é un trasunto de Vigo, tanto nos escenarios como nos personaxes que circulan polas súas historias. Seguindo o seu protagonista, Lucio Strada, adentrámonos nunha trama de investigación, suspense e acción que nos leva por diversos lugares e personaxes, moitas veces reais, que forman parte da historia recente da cidade.
A obra está publicada en dúas entregas. A primeira, de 6 capítulos, gozou de moi boa aceptación entre o público. Na cita do xoves 28 presentaranse os 6 últimos, que pechan o relato.
Cabe sinalar que, como engadido, cada unha das entregas conta coa colaboración dunha persoa convidada que elabora unha portada alternativa. Trátase de artistas que veñen do graffiti, a fotografía, a ilustración ou o deseño. Algunhas desas colaboracións foron asinadas por nomes como Alba Freijeiro, F. Gabilondo, Felipe Carnotto, David Martínez Conde, Andrea Martínez ou José María Sánchez Macías, entre outros.
Actividade
coloquio
Lugar
Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo
Data
mércores 27 de setembro
Horario:
20.00 horas
COLOQUIO ARREDOR DO LIBRO "EN VOZ BAJA" DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

A Asociación Évame Oroza segue co seu programa de presentacións e coloquios literarios e nesta ocasión acollerá unha charla arredor da novela En voz baja, do escritor Antonio García Teijeiro. Durante o acto acompañarán ao autor Alba Piñeiro, tradutora ao galego de diversas obras de literatura infantil e xuvenil, e a editora Arantxa Amatriaín.
En 1998, García Teijeiro publicou esta obra por primera vez en galego, daquela en Edicións Xerais, pero non foi ata agora chegou en castelán, desta vez da man de Antón García Fernández, quen encargou da tradución.
“En voz baja” é unha novela de personaxes que nos anima a entender dende o optimismo os comportamentos, por veces escuros, do ser humano. Trátase duna obra na que a literatura e a música teñen unha presenza destacada. A través do seu protagonista, o adolescente Roberto Núñez, transitamos por cancións, poemas e reflexións que o axudarán a atopar pouco a pouco a súa propia voz e o seu lugar no mundo. E sempre en voz baixa.
A novela publicouse na primavera deste ano en Editorial Elvira e a imagen da capa é do artista Xulio García Rivas.
.
Actividade
Contada
Lugar
Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo
Data
Xoves 21 de setembro
Horario:
20.00 horas
QUICO CADAVAL TRAE Á ÉVAME OROZA A CONTADA “A LINGUA A PACER”

O actor, director teatral e narrador Quico Cadaval actuará o vindeiro xoves 21 de setembro no local da asociación Évame Oroza, situada no número 5 da rúa Subida á Costa, no Casco Vello Alto de Vigo. Baixo o título A lingua a pacer, ofrecerá unha sesión de contos que recolle a esencia das contadas tradicionais: unha historia fíase con outra e leva ao auditorio mundo adiante, picando de aquí e de aló, como as vacas procuran e remoen a mellor herba, a máis gorentosa.
Quico Cadaval é un dos referentes da narración en galego, compañeiro dunha xeración que, nos anos 90 do século pasado retomou e actualizou o xénero nunhas sesións nas que se combinaban a maneira tradicional, a épica escénica e o cabaret literario. Xunto con voces como a de Paula Carballeira, Cándido Pazó, Roger Colom ou José Campanari, entre outras, iniciou o camiño desta disciplina que a día de hoxe segue a gozar de gran recoñecemento tanto dentro como fóra das nosas fronteiras.
Cadaval é tamén un dos nomes imprescindibles do teatro galego actual. Participou en diversas montaxes como actor e director, destacando o seu labor na dirección en compañías como o CDG e Produccións Teatrais Excéntricas, da que é fundador e na que creou espectáculos con gran éxito de público para o dúo Mofa e Befa.
Como narrador presentouse en diversos festivais de todo o mundo, recoñecido como portadore dun estilo propio, case unha denominación de orixe.
.
Actividade
Exposición
Lugar
Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo
Data
A partir do 16 de setembro ata o 24 de outubro.
Horario:
Inauguración: 12.00 horas
VIGO ES NOMBRE DE MUJER, A EXPOSICIÓN QUE RECUPERA A MEMORIA TRANS DE VIGO CHEGA AO LOCAL DE ÉVAME OROZA

A asociación Pvlse, que presta apoio ao colectivo LGTBIQ+, trae a Évame Oroza unha mostra composta por diversas fotografías a través da cal rescata e reivindica a memoria do colectivo trans na cidade de Vigo. As imaxes céntranse nas protagonistas do movemento durante as décadas dos 70, 80 e 90 nunha homenaxe ás persoas trans que abriron camiño cara a unha sociedade máis diversa.
A inauguración da mostra será o vindeiro sábado día 16 de setembro ás 12 do mediodía no local da asociación, situado no número 5 da rúa subida á Costa, no Casco Vello Alto de Vigo. Durante a inauguración falarán Fran Fernández, en representación de Pvlse, e contará coa colaboración de Carolina Smith, unha das protagonistas desta loita pola igualdade, que guiará ao público a través das imaxes compartindo as historias das pioneiras deste movemento.
A exposición pode visitarse de luns a venres ata o 24 de outubro, en horario de 16:00 horas a 20:00 horas.
.
Actividade
Homenaxe
Lugar
Viveiro
Data
domingo, 10 de setembro
Horario:
12:30: presentación de Évame.
19:00 horas: colocacion de placa e recital
VIVEIRO CELEBRA O CENTENARIO DE CARLOS OROZA

Viveiro, a localidade natal de Carlos Oroza, vive de forma especial o seu centenario e por iso o domingo 10 de setembro celebraranse varios actos para honrar a figura deste xenial poeta oral, organizados de forma conxunta polo Concello de Viveiro, o Seminario de Estudos Terra de Viveiro e a Asociación Évame Oroza.
O día comezará ás 12:30h, na sala multiusos do Concello, coa presentación do libro Évame, recompilatorio da súa obra, publicado por Editorial Elvira.
Ás 19:00h, unha comitiva sairá desde a Praza Maior ata a casa onde viviu o poeta na Avenida de Lourdes, acompañados polo gaiteiro David Bellas. Nesa praciña procederase a colocar unha placa realizada polo ceramista Otero Regal. O Cronista Oficial, Carlos Novo disertará sobre o autor. Posteriormente realizarase un recital coa participación do mestre e poeta Xaime Oroza e poeta do grupo Rompente, Alberto Avendaño, entre outros. Contorna ás 20:30h clausurará o acto a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
Este é un acto máis dos que se están celebrando ao longo do ano do centenario do nacemento de Carlos Oroza. Hai que lembrar que no mes de agosto estivo nos xardíns Noriega Varela a exposición Oroza, realizada pola asociación Évame Oroza e e financiada pola Xunta de Galicia, que está a dar a coñecer a vida e obra do poeta por toda Galicia.
Actividade
Microteatro
Lugar
Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo
Data
xoves, 24 de agosto
Horario:
20.00 horas
MICROTEATRO na Praza do Abanico con PORTA ABERTA e FAUNA 113

A praza do Abanico do Casco Vello Alto de Vigo converterase este xoves 24 de agosto (20:00 horas) nun teatro ao aire libre no que poderemos gozar de dúas obras de microteatro a cargo dos grupos de teatro afeccionado Porta Aberta e Fauna 113.
Porta Aberta presentará o seu espectáculo «O velorio», no que dúas irmás, en pleno velorio, manteñen unha conversa post mortem do máis interesante, intentando pescudar a razón de como chegaron a esta situación.
A segunda obra será «Sopa de Morcego» do grupo vigués Fauna 113, na que se conta a historia dunha parella en crisis de dúas mulleres que atopan na realidade virtual un revulsivo á súa relación.
O formato de microteatro resulta moi atractivo para o espectador/a, xa que se atopa moi preto e é capaz case de introducirse na trama. Inicialmente, o microteatro desenvolvíase en diferentes estancias dunha casa ou edificio. Cada grupo actuaba nun espazo e o público, formado por 15 persoas, era o que se ía movendo. Agora, é o revés. Hai un escenario común e son as obras as que se moven. Historias curtas para emocionar tamén en distancias curtas.
Así, o xoves tedes unha cita coa cultura, co teatro e coa comedia ao aire libre e de forma gratuíta. Esperámosvos, a partir das 20:00 horas, na praza do Abanico, diante da asociación Évame Oroza.
Actividade
Teatro
Lugar
Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo
Data
Do luns 4 de setembro ata final de ano.
Horario:
Todos os luns ás 20.30 horas.
OBRADOIRO DE TEATRO EN ÉVAME

Todos os luns, a partir do 4 de setembro e ata fin de ano, vaise realizar un taller de teatro para adultos (nivel principiantes). A promotora desta iniciativa é María Romano (actriz, profesora de teatro e traballadora da asociación Igualarte) que se puxo en contacto coa asociación para poder desenvolver esta iniciativa, que nos pareceu moi interesante. Así que chegamos a un acordo moi rápido e coa opción de que as e os nosos socios teñan un prezo especial polo obradoiro. O custe do mesmo será de 35 euros mensuais para a nosa masa social, mentres que para o público en xeral será de 50 euros.
As clases serán todos os luns a partir das 20:30 horas no local social de Evame Oroza e cada sesión terá unha duración de dúas horas. Ademais, a primeira clase, que se celebrará o 4 de setembro, será gratuíta.
Para máis información e para inscribirse no curso (que ten prazas limitadas) debedes escribir ao mail
Actividade
Presentación libro. Exposición.
Lugar
Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo
Data
Do xoves, 19 de xullo ata o vernes 1 de septiembro de luns a venres en horario de 17:00 horas a 20:30 horas
Horario:
Inauguración 20.00 horas.
Presentación de BUENO CARALLO BUENO | Mostra de pintura de José Freixanes

O mércores 19 de xullo, ás 20:00 horas, terá lugar a inauguración da mostra de pintura de José Freixanes, continuando coa programación de exposicións no local de Évame Oroza. No evento presentarase tamén o libro Bueno Carallo Bueno froito da colaboración entre o poeta Alberto Avendaño e Freixanes, publicado por Editorial Elvira. No acto estarán presentes José Freixanes, Alberto Avendaño e o editor Xabier Romero. A exposición poderá visitarse ata o venres 1 de setembro de luns a venres en horario de 17:00 horas a 20:30 horas, no número 5 da Subida á Costa, no casco Vello Alto de Vigo
Actividade
Xornada Poético Musical
Lugar
Praza do Abanico fronte á Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo
Data
Xoves, 20 de xullo.
Horario:
20.00 horas.
SUCESO E SOMBRA. Xornada Poético Musical

O xoves 20 de xullo ás 20:00 h, a Asociación Évame-Oroza acolle unha xornada na que versos e música de autor se xuntan para por de manifesto o poder emocionante da poesía. Baixo o título, que remite a un verso de Oroza, xuntaranse as poetas Susi de la Torre, Ania Gartner, Sabrina Portela, Montse Copa, Lola Villar, Francesca López D’a Silva e Lania Santana Pérez, que lerán versos propios en galego, portugués e castelán. A cantante, e tamén poeta Iria Medraño, porá a nota musical xunto cos cantautores Pablo Vila, Jorgelito e Pedro Román. O acto, que estará presentado pola actriz Toñi Caseiro reivindica os múltiples espazos e formatos nos que pode habitar a poesía. Por iso a organización quere levar os versos á rúa, seguindo unha idea que era fundamental no pensamento de Oroza: as rúas e prazas, como lugares cheos de auténtica vida, son o hábitat natural da cultura, nomeadamente da poesía.
A xornada desenvolverase na coñecida como Praza do Abanico, no Casco Vello Alto de Vigo, fronte á sede da Asociación Évame Oroza
Actividade
Exposición
Lugar
Vigo, Sede da Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo
Data
Luns, 3 de xullo
Horario:
20.00 horas
"Pinturas: Encontro Buenos Aires-Vigo” de RUBÉN BORRÉ

A Asociación Évame Oroza acollerá o luns 3 de xullo (20:00 horas) a inauguración da exposición “Pinturas: Encontro Buenos Aires-Vigo” do artista arxentino Rubén Borré. Esta mostra nace da amizade entre Borré e o pintor Xavier Magalhães, xa que Magalhães ten actualmente exposta a súa obra no local e decidiu ceder a primeira planta á Borré para que poida acoller os seus cadros.
Precisamente por iso, no acto de inauguración da mostra estará, ademais do propio autor, o tamén pintor e amigo Xavier Magalhães, e o presidente da asociación Évame Oroza, Xabier Romero.
Rubén Borré é un artista completo e comprometido co seu tempo. É pintor, debuxante e escultor, e realizou xa 70 mostras individuais e máis de 200 colectivas no seu país e no estranxeiro, sendo precisamente España un dos países onde o seu labor é máis recoñecida.
Actividade
Coloquio
Lugar
Vigo, Sede da Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo
Data
xoves, 22 de xuño
Horario:
19.30 horas
A PEGADA DE GALICIA EN CUBA

O xoves 22 de xuño ás 19.30 horas, a Asociación Évame-Oroza organiza un coloquio sobre a historia compartida entre os pobos cubano e galego, enfatizando a situación das mulleres de ambos países. O encontro será con Juana Caridad Fernández, Presidenta da Agrupación de Sociedades representativas de Municipios e parroquias de Galicia en Cuba, Arantxa Fernández Crespo, presidenta da Cátedra Neira Vilas de Lingua e Literatura galegas da Universidade da Habana, e José Luis Ansedes, promotor da homenaxe a Andrea López Chao, mestra mindoniense, e a Sociedade “Hijas de Galicia”, que se celebrará en Mondoñedo entre os días 30 de xuño e 3 de xullo. Presentará e moderará o coloquio a xornalista Ana Baena.
Actividade
Presentación Libro
Lugar
Vigo, Sede da Asociación Evame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo
Data
xoves, 29 de xuño
Horario:
20.00 horas
"As Cunchas Baleiras" de BRANCA NOVONEYRA

O xoves 29 de xuño recibimos no local da Asociación Évame oroza a Branca Novoneyra, que estará acompañada do artista Antón Patiño, a poeta Oriana Méndez e o editor de Chan da Pólvora Antón Lopo. Terán unha conversa arredor do último poemario de Branca, titulado As cunhcas baleiras que vén de editar Chan da Pólvora.
As cunchas baleiras recolle poemas que Branca Novoneyra escribiu ao longo da última década, constituíndo unha especie de antoloxía na que aparecen versos que, ao seu xuízo, resistiron a peneira dun proceso de escrita moi amplo. Á poeta non lle interesa producir libros, senón concentrar a palabra, probala no tempo e, se é verdadeira, conservala. É o regreso á poesía despois de moito tempo de silencio, experiencias e reflexión.
As liñas centrais deste libro son persoais, pero non é unha biografía, senón que se transmite o particular a través do imaxinario colectivo. Volver camiñar despois dunha longa enfermidade ou a acción política son algunhas das ideas que atravesan a obra.
Actividade
Perfomance teatral
Lugar
Vigo, Sede da Asociación Evame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo
Data
venres, 16 de xuño
Horario:
18.30 horas
MELIDE por Fundación Igual Arte

O venres 16 de xuño, ás 18:30 horas estarán no local as compañeiras e compañeiros da Fundación Igual Arte, que dende 2002 traballa para que as persoas con diversidade funcional teñan acceso a expresarse de maneira artística. Nesta ocasión presentarán a performance teatral Melide, baseada na novela do mesmo nome de Reka Refojos. As persoas que a interpretan son Rubén Barciela e María Romano e a música é orixinal de Fundación Igual Arte. “Melide” é unha novela rápida e intensa, desas das que non podes apartar a vista. Unha obra dinámica na que se fai unha biografía da nosa sociedade, coas súas cousas boas e as malas. Unha novela por veces negra, por veces rosa, por veces azul como o mar. Está editada por Editorial Elvira.
Actividade
Exposición e presentación libro
Lugar
Vigo, Sede da Asociación Evame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo
Data
martes, 13 de xuño
Horario:
20.00 horas
Presentación do libro FENÓMENO FAN de CLARA PINO e XAVIER MAGALHÄES. Mostra XAVIER MAGALHÄES

O martes día 13, ás 20:00 horas inaugúrase a mostra do pintor Xavier Magalhães, segunda do ciclo de exposicións da asociación. Durante o evento terá lugar a presentación do libro de poemas Fenómeno Fan de Clara Pino, obra na que se recolle a obra gráfica desta mostra, editado por Editorial Elvira. A mostra poderá visitarse ata finais de xullo, en horario de tarde.
Fenómeno Fan é un mergullo no universo literario e pictórico de Clara Pino e Xavier Magalhäes. Os dous artistas fusionan e consolidan unha relación artística e de amizade chea de colaboracións desde o ano 2007. A partir do fío condutor tan globalista e alienante que supón o suceso «fan» en moitas expresións artísticas, autora e autor extrapolan e fían outras temáticas imprescindibles na nosa sociedade actual, conformando un corpus que se xesta no confinamento e agora ve a luz. Atopámonos cun libro cheo de beleza e introspección no que o público gozará de cada páxina, tanto polo seu compromiso coma pola interdisciplinariedade entre as artes tan necesaria nos nosos días.
Actividade
Concerto
Lugar
VIGO
Auditorio Mar de Vigo
Av. da Beiramar, 59, 36202 Vigo
Data
9 de xuño 2023
21.00 horas.
Entradas:
Venda disponible en:
https://www.teuticket.com/es/ver/nos-queda-la-palabra,-centenario-carlos-oroza
"¡NOS QUEDA LA PALABRA!". Concerto homenaxe a Oroza no seu centenario. Paco Ibáñez.
Colabora Concello de Vigo

Actividade
Encontro
Lugar
Vigo, Sede da Asociación Evame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo
Data
xoves, 1 de xuño
Horario:
20.00 horas
Conversa con ODETTE MAGNET

Odette Magnet é xornalista, escritora e activista polos dereitos humanos. Foi agregada de prensa nas embaixadas de Chile en Washington, D.C. e Londres e agregada de prensa e cultura no Consulado General de Chile en La Paz, Bolivia.
A súa carreira xornalística comezou nos anos duros da dictadura de Augusto Pinochet e forxouse no medio da violencia política que deixou pegada na súa historia persoal, marcada polo secuestro da súa irmá María Cecilia Magnet e o seu cuñado, Guillermo Tamburini, á man de militares arxentinos na súa vivenda de Bos Aires a madrugada do 16 de xullo de 1976. Os dous son parte das corenta víctimas chilenas que deixou a Operación Cóndor.
A partir dese momento Odette consagrou o seu traballo a seguir casos de dereitos humanos. Durante case dez anos foi redactora da revista Hoy, que se definía polos principios do xornalismo libre, onde cubría temas relacionados coa política e os dereitos humanos. Saltando os valos da censura, nas súas páxinas facíase denuncia dos numerosos e sucesivos casos de violencia e violación dos dereitos básicos por parte da dictadura.
Odette define a palabra como arma de resistencia, un instrumento contra o silencio e a invisibilidade, unha maneira de conxurar todo a inxustiza e terror. Na súa primeira novela, titulada Arena Negra, poden atoparse algúns destes temas que son fundamentais na súa escrita.
Actividade
Exposición itinerante
Lugar
Peirao da Laxe
(lateral do Club Náutico)
Vigo
Data
Horario:
10.00 horas
OROZA 1923 -2023 Centenario do poeta Carlos Oroza

Branca Novoneyra fará unha visita guiada da mesma e rematará o acto coa lectura dun poema de Oroza.
A mostra estará en Vigo, Pontevedra, Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Viveiro, O Courel (Festival dos Eidos) e Ourense.
Actividade
Presentación de libros.
Lugar
Vigo, Sede da Asociación Evame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo
Data
martes, 30 de maio
Horario:
20.00 horas
Presentacion do libro OCÉANO OROZA, de Antón Patiño e da reedición de ÉVAME, de Carlos Oroza

No acto estarán presentes Antón Patiño, autor, o editor Xabier Romero e o xornalista e escritor Ramón Rozas.
En Océano Oroza o pintor Antón Patiño establece un diálogo cos poemas de Carlos Oroza, entendendo a súa poesía como unha obra total, unha obra na nos podemos somerxer. De aí nace un sentimento oceánico, unha plenitude que provén da desorde e da rotación dos sentidos. A poética de Oroza amplía a linguaxe, crea palabras novas, descubre ritmos inéditos no idioma.
Évame é o volume no que se recolle a poesía completa de Carlos Oroza, despois dunha minuciosa revisión con relación á edición anterior. A nova edición, que se abre cun prólogo de Antón Patiño, contén ademais un poema inédito e un glosario escrito por Branca Novoneyra, así como material documental e imaxes que veñen completar a experiencia lectora
Actividade
Presentación libro.
Lugar
Vigo, Sede da Asociación Evame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo
Data
sábado, 27 de mayo
Horario:
16.00 - 22.00 horas
Presentación da novela gráfica POR CULPA DE UNA FLOR de MARÍA MEDEM

O acto será moito máis que unha presentación. Trátase dunha xornada de festa e sinatura que comezará ás 16:00 h coa inauguración dunha mostra dos traballos de Medem. Acto seguido terá lugar a presentación da novela, na que estará acompañada de Óscar Raña, e a sinatura de exemplares.
Ás 20:00 horas comezará o concerto de “Los cuatro amigos” e a partir das 20:30 haberá cea, da man de Hugo Bocanegra, durante a que se presentará o fanzine recetario de Hugo Espacio e María Medem. O menú da cea é vexetariano e sen glute, e ten un custe de 5 euros. Para acceder a ela prégase que se faga a reserva previa no enderezos:
Actividade
Presentación libro.
Lugar
Vigo, Sede da Asociación Evame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo
Data
xoves, 25 de mayo
Horario:
20.00 horas
Presentación do poemario CON ESTA HOZ de SAMUEL MERINO.

El poeta Samuel Merino presenta su último poemario que acaba de ver la luz en Disbauxa Editorial (Barcelona). En el acto estará acompañado de las poetas Silvia Penas y Blanca Trigo.
Actividade
recital
Lugar
Vigo, Sede da Asociación Evame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo
Data
venres, 19 de mayo
Horario:
19.30 horas
DESAFIANDO SOMBRAS recita a Carlos Oroza.

O Grupo Poético Desafiando Sombras sumase as homenaxes a Carlos Oroza lendo poemas do autor acompañados da música de Santiago Ferragud.
Actividade
recital poético-musical
Lugar
Vigo, Sede da Asociación Evame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo
Data
sábado, 13 de mayo
Horario:
18.00 horas
VIDEOCONFERENCIA E RECITAL poético-musical

Actuación do dúo poético-musical Cinta Adhesiva (formado pola poeta Silvia Penas e o músico Jesús Andrés Tejada) que se abrirá coa conexión en directo, dende Nova Iorque, de Marina Oroza, quen se atopa alí participando do Festival Kerouack
Actividade
Acto participativo.
Lugar
Círculo de Bellas Artes
Sala de Juntas
Alcalá, 42
28014 MADRID
Data
Sabado, 6 de mayo
Horario:
12:00 horas
Actividade
Presentación libro
Lugar
Vigo, Sede da Asociación Evame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo
Data
Xoves, 27 de abril
Horario:
20:30 horas
Presentacion do libro TABIBA de María Xosé Porteiro

Neste acto a autora do libro vai estar acompañada por Andrea Fernández Maneiro, Alberto Abendaño e Xabier Romero.
Actividade
Presentación libro
Lugar
Vigo, Sede da Asociación Evame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo
Data
venres, 21 de abril
Horario:
19:30 horas
Presentación do libro ENSER de Marcos Lorenzo

Na presentación o autor estará acompañado pola xornalista e escritora María Xosé Porteiro, e polo poeta Luís Valle.
Actividade
Presentación libro
Lugar
Vigo, Sede da Asociación Evame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo
Data
mércores, 12 de abril
Horario:
Presentación do libro CAOSMOS de Alberto Avendaño

Interveñen ademais do autor o escritor e xornalista, Alberto Avendaño; o pintor e activista cultural Antón Patiño; a periodista e escritora Maria Xosé Porteiro; a poeta e tradutora Oriana Méndez, e o editor Xabier Romero.
Actividade
Exposición
Lugar
Vigo, Sede da Asociación Evame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo
Data
Desde el martes 4 de abril a las 19:00 horas
Horario:
Exposición "A LIÑA DO LABIRINTO". Antón Patiño

Inauguración o martes 4 de abril, ás 19:00 horas. En dito acto o periodista i escritor Alberto Avendaño dará un recital de poesía.