Exposición “A liña do labirinto”, de Antón Patiño
O pasado martes 4 de abril, ás 19:00 horas, tivo lugar no local da asociación Évame Oroza a inauguración da exposición A LIÑA DO LABIRINTO de Antón Patiño.
Esta exposición abriu o programa de mostras da asociación, que ten previsto a participación de diversos artistas ao longo dos vindeiros meses, cuxas obras estarán varias semanas abertas para a visita do público.
Durante o evento, o artista estivo acompañado do xornalista e escritor Alberto Avendaño, que acompañou o evento recitando poemas do seu libro "Caosmos", acompañado á guitarra polo histórico Pepe Bordallo.
A inauguración que tivo unha excepcional acollida de público, que desbordaba a pequena sala de exposicións, tivo como virtud poñer en valor a praziña da Casa da Collona, onde as escadas que a rodean a praza ateigadas de xente e a xeito de anfiteatro, convertéronse nun novo referente de sociabilidade cultural e urban no casco vello de Vigo.
O acto tivo unha moi difusión en prensa.Velaí o que di "Nos Diario" (ver aquí) o nesta reportaxe en vídeo de Ana Baena en "Atlántico Diario": https://www.youtube.com/watch?v=AsFaV1k9eog.